Dende este mes de outubro comezaranse a impartir clases de gaita dentro das actividades da A.C. Xarabal.
As aulas impartiránse no C.E.I.P. San Salvador de Teis, en Vigo os sábados pola mañá, e serán impartidas polo actual director da banda Xurxo Fernández.
Haberá diferentes niveis, tanto iniciación como avanzado. Poderán asisitir persóas de tódalas idades.
Non é necesario formar parte da A.C. Xarabal nin da banda para asistir as clases, ainda que haberá un prezo especial para os socios.
Para máis información podes mandar un e-mail a xurxofernanadez@hotmail.com.
Animádevos a participar!