Category Archives: Xeral
Xa á venda as Rifas de Nadal
O portador da rifa que coincida coa terminación do 1º premio do Sorteo da Lotería Nacional do día 22 de decembro será o gañador dunha fantástica cesta de nadal valorada en 100€. Para solicitar máis información, mercar rifas ou trocar … Continue reading
Xa regresamos do Festival Folk de Getxo 2012
Pasamos unha fin de semana inesquecible por terras vascas acompañados de boa música, boa comida e mellor xente. Gracias á organización poidemos visitar o Museo Guggenheim e representar a Galicia fora das nosas fronteiras.
CONCERTO DE CLAUSURA DOS VII OBRADOIROS XARABAL 2012
Xavier Blanco ofrecerá un concerto didáctico con instrumentos pobres. A cita terá lugar o vindeiro sábado 7 de abril ás 21:30h no CEIP San Salvador de Teis. (A entrada será de balde) NON FALTEDES!!!!
Obradoiros Xarabal 2012
Xa vos podedes matricular nos VII Obradoiros Xarabal 2012 Agardámosvos!! (Máis información)
Aulas de Gaita
Dende este mes de outubro comezaranse a impartir clases de gaita dentro das actividades da A.C. Xarabal. As aulas impartiránse no C.E.I.P. San Salvador de Teis, en Vigo os sábados pola mañá, e serán impartidas polo actual director da banda … Continue reading
Xarabal actúa en Aosta (Italia)
Despois de moitos anos Xarabal e Carlos Nuñez volven subirse xuntos a un escenario. A cita, que promete ser inesquecile, terá lugar no “Festival des peuples minoritaires” celebrado na pequena vila de Aosta, Turín, durante os días 8, 9 e 10 … Continue reading
Obradoiros Xarabal 2011
Xa estamos preparando os “VI Obradoiros Xarabal 2011″. As datas definitivas serán 21, 22 e 23 de abril, todos os que estedes interesados enviade un correo a info@xarabal.org e contestaremos persoalmente. En poucos días colgaremos toda a información referente a … Continue reading
Vodas de prata, Xarabal 2010
O pasado 27 de novembro celebrouse unha cea conmemorativa destes 25 anos de historia da Banda de Gaitas Xarabal na que se reuniron moitos dos antigos compoñentes que pasaron pola banda en todo este tempo. Foi todo un éxito que … Continue reading
Estreamos Web
Benvidos a bordo da nosa nova páxina web, convidámosvos a que vos mergulledes nas diferentes seccións donde atoparedes información sobre a banda e a sua historia, fotos e arquivos para descargar, artigos sobre música e cultura galega, datos profesionais e … Continue reading