![]() |
![]() |
|
|
DIRECTOR D. Antón Corral Martínez
A súa primeira actuación foi cun grupo de rapaces chamado "Os Garabullos do Alto". Con 17 anos entra como voluntario na Banda Militar tocando o clarinete. Logo de licenciarse meteuse de cheo no mundo da gaita, e toca cos "Modernos de Lugo" e "Os montes de Lugo" cos que tivo sen dúbida máis participación. Paralelamente, tocaba ca Sección Femenina e impartía clases de gaita en "Cantigas e Frores". Debido a problemas de saúde abandonou a súa profesión como axente comercial, comezando a súa andadura como constructor de gaitas e outros instrumentos. No ano 1974-75 comeza a exercer de artesán pola súa conta na casa. A raíz da morte de Paulino Pérez, artesán do Taller Escola da Diputación de Lugo, o pintor lucense Tino Grandío, gran amigo de Antón, convenceuno para desenrolar a súa laboura no citado taller. No 1979 traslada o seu taller a Sta. Marta de Ortigueira. Debido a falta de apoios económicos trasladaríase novamente a Lugo, onde tentou formar un equipo con antigos alumnos como Carracedo, Ramón Casal, e o seu fillo Carlos Corral. Alí formaron un taller de artesáns chamado "Soutelo de Montes" xa que a intención de formar unha cooperativa viuse truncada. No ano 1982 a través do seu amigo Wenceslao Cabezas "Polo", fai unha exposición na sala do Concello de Vigo, onde suscitou un gran interés que se traduciría no ano 1983 ca súa chegada a Vigo. En Vigo desenrolou unha laboura "titánica" como profesor-artesán do "Obradoiro Escola de Instrumentos Populares" ata o ano 2000 no que se retira. Entre os numerosos premios e galardóns que recibe Antón Corral, hai que destacar:
|
|||
(C)2003 Asociación Cultural
Xarabal - Vigo |