D. Antón Corral Martínez
Nace na cidade da Coruña o 11 de xullo de 1936. Os dous anos de vida a súa familia trasládase a unha aldea da provincia de Lugo, concretamente Sta. Marta. A partir dos 5 anos, marcha a Lugo, onde desenrola a súa infancia.

Anton Corral
Antón Corral Os primeiros contactos ca música desenvólveos nun colexio de Lugo, chamado Sto. Anxo, onde comenzou a súa formación como instrumentista de corda, concretamente a Bandurria. Aquí comezará a súa inquietude polo instrumento tradicional, sendo o seu primeiro mestre Antonio Sandar, compoñente do grupo tradicional “Os Amigos de Lugo”.
A súa primeira actuación foi cun grupo de rapaces chamado “Os Garabullos do Alto”.
Con 17 anos entra como voluntario na Banda Militar tocando o clarinete. Logo de licenciarse meteuse de cheo no mundo da gaita, e toca cos “Modernos de Lugo” e “Os montes de Lugo” cos que tivo sen dúbida máis participación.
Paralelamente, tocaba ca Sección Femenina e impartía clases de gaita en “Cántigas e Frores”.
Debido a problemas de saúde abandonou a súa profesión como axente comercial, comezando a súa andadura como constructor de gaitas e outros instrumentos.
No ano 1974-75 comeza a exercer de artesán pola súa conta na casa.
A raíz da morte de Paulino Pérez, artesán do Taller Escola da Diputación de Lugo, o pintor lucense Tino Grandío, gran amigo de Antón, convenceuno para desenrolar a súa laboura no citado taller.
No 1979 traslada o seu taller a Sta. Marta de Ortigueira.
Debido a falta de apoios económicos trasladaríase novamente a Lugo, onde tentou formar un equipo con antigos alumnos como Carracedo, Ramón Casal, e o seu fillo Carlos Corral. Alí formaron un taller de artesáns chamado “Soutelo de Montes” xa que a intención de formar unha cooperativa viuse truncada.
No ano 1982 a través do seu amigo Wenceslao Cabezas “Polo”, fai unha exposición na sala do Concello de Vigo, onde suscitou un gran interés que se traduciría no ano 1983 ca súa chegada a Vigo.
En Vigo desenrolou unha laboura “titánica” como profesor-artesán do “Obradoiro Escola de Instrumentos Populares” ata o ano 2000 no que se retira.
Entre os numerosos premios e galardóns que recibe Antón Corral, hai que destacar:
- 1º premio “Artesán distinguido” a nivel nacional. Madrid (1977)
- 1º premio “Diseño” do Ateneo de Ourense. Ourense (1983)
- 1º premio “Gaita de Ouro” do Ateneo de Ferrol. Ferrol (1996)
- 1º premio “Reconquista de Vigo”. Vigo (1990)
- 1º premio da crítica musical. Círculo Ourensán de Vigo. Vigo (2001)
- Nombrado VIGUÉS DISTINGUIDO. Vigo (2001)