Na terra de zapateiros e danzantes

Artigo escrito por Xurxo Fernández títulado “NA TERRA DE ZAPATEIROS E DANZANTES…” (VILANOVA DOS INFANTES) Estudo sobre as danzas gremiais de Vilanova dos Infantes (Ourense)
Extraido da revista Diapente nº 2. do Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Resumo

Aínda que cunha orixe pouco determinada na actualidade, pero tratando con hipóteses varias en canto á historia se refire, o presente artigo trata de dar toda a información existente sobre as danzas gremiais que aínda actualmente se levan a cabo no pobo ourensán de Vilanova dos Infantes. A danza está vinculada popularmente ao gremio dos zapateiros da mesma vila.
A través da danza do mesmo pobo, trato de extraer ideas ou conceptos xerais das danzas gremiais en toda Galiza, por suposto, contrastando a infomación con outras que aínda actualmente se levan a cabo.
Para contextualizar de maneira correcta e que o lector do artigo poida comprender máis de cerca a danza, trato de dar todos os datos relevantes da vila onde se leva a cabo: datos tanto xeográficos, económicos, sociais… e por suposto relixiosos, para comprender ben de cerca todo o que rodea á mesma danza.
Un punto importante tamén do artigo é a análise dos músicos e danzantes que pasaron polos “escenarios” representando a danza ou poñéndolle a música, xa que están directamente vencellados ao significado da danza mesma.
Tratarei de aportar a máxima información sobre a danza de Vilanova dos Infantes tocando puntos como a historia, as posíbeis orixes, a escenografía…


Descargar
 

This entry was posted in Divulgación. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta