ERNESTO CAMPOS

OBRADOIRO DE COMPOSICIÓN PARA GAITA GALEGA

CONTIDO DO CURSO

Requisitos para ser alumno:

  • Posuir coñecementos básicos de Linguaxe Musical.
  • Saber cantar ou tocar algún instrumento (non necesariamente gaita)

Materias a impartir:

  • Composición para gaita en tódalas súas afinacións. As súas características e como abordar o tema das diferentes tonalidades.
  • Coñecemento e análise dos principais ritmos e estructuras tradicionais galegas. A importancia do análise de música tradicional para a creación de novo material.

Obxectivo:

  • O obxectivo principal é que cada un dos participantes poda saír cunha pequena peza propia deste obradoiro.

Material que debe traer o alumno:

  • Caderno pautado para escribir música
  • Lápis ou bolígrafo
  • (Non imprescindible) un instrumento musical que saiba tocar.

TRAXECTORIA

Músico de vocación tardía, empezou a súa andadura no Conservatorio de música de Vigo, onde estudou, entre outras disciplinas, gaita galega e guitarra. Intérprete, arranxista e compositor.

Actualmente é mestre de gaita e guitarra e no conservatorio Mayeusis de Vigo.

Coma compositor ten un catálogo que supera as 200 obras, a maioría delas centrándose nos instrumentos tradicionais galegos. Este traballo ten o seu reflexo en máis de 30 discos editados por diversos artistas do panorama musical actual e na inclusión das súas obras como repertorio de diversas agrupacións actuais.