Xosé Lois Romero

OBRADOIRO DE ARRANXOS PARA PERCUSIÓN TRADICIONAL GALEGA

CONTIDO DO CURSO

Os instrumentos que se van traballar no curso son fundamentalmente: tarrañolas, tixola, lata, pandeiro, pandeira, bombo, tambor, pandeireta, charrasco,… e a maiores calquera outros instrumentos tradicionais como cunchas, piñas, sacho, culleres, botella,…

Os alumnos deberán traer os instrumentos que desexen tocar.

No correo de inscripción indicade que peza de Aliboria vos gustaría aprender a tocar no curso.

TRAXECTORIA

Formado desde neno na música popular galega, exerceu de percusionista en numerosas formacións tradicionais entre as que destacan os cuartetos Lelia Doura e Luvas Verdes. Desde 1995 é membro do Grupo Tradicional da Axencia Galega das Industrias Culturais, dependente da Xunta de Galicia, onde realiza traballos de interpretación, investigación, docencia e publicación de material audiovisual sobre patrimonio musical galego.

Foi co-fundador en 1999 da compañía Nova Galega de Danza, na que exerceu como director musical, compositor e intérprete nos espectáculos Alento e Engado, cuxa música foi editada posteriormente en cadanseu disco, abandonando no 2007 a compañía. Neste último ano fundou o grupo Vaamonde, Lamas & Romero, xunto a Pedro Lamas e Suso Vaamonde. Con este último codirixe a colección didáctica audiovisual Pel & madeira.

No 2008 realizou os arranxos e a dirección musical do espectáculo Terra de soños, de Fuxan os Ventos. Participou tamén en varios espectáculos do Ballet Rei de Viana, así como en varias montaxes do Centro Coreográfico Galego.

Paralelamente ten colaborado con numerosos artistas, como Mercedes Peón, Dani Bellón, Coetus, Guadi Galego, Jane Joyd, Leilía, Susana Seivane, Uxía, Xabier Díaz, Orquestra de Jazz de Galicia ou Kepa Junkera