Formación

As “Escolas Xarabal” nacen para continuar coa labor divulgativa que a Banda de Gaitas Xarabal ven desempeñando dende os seus inicios e para formar a futuros membros da banda.

O obxetivo destas escolas é nutrir de novos compoñentes á banda de gaitas e facer crecer esta gran familia seguindo os pasos dos nosos antecesores e mantendo a filosofía coa que foi fundanda esta institución.

Partindo dun nivel básico e coa axuda de videos e partituras do noso repertorio conseguimos formar a novos membros de gaita e percusión, dando cabida tanto aos que queiran comezar a tocar o instrumento como aos que xa toquen e desexen perfeccionar a súa técnica.

Se queres saber máis información de Xarabal, coñecernos, ver o ambiente ou simplemente asistir a un ensaio para dar un paseo de sábado… non o dubides, dende as 16:30 ata as 20:00 alí estaremos. ANÍMATE!!

AVV Parada-Maceiriña “Rúas e Fontes”